Axuda
Debe identificarse de xeito seguro para poder consultala sua información, ler notificacións, asinar e enviar solicitudes ou realizar outros trámites. Para isto pode utilizar calquera das seguintes opcións: Chave365, DNIe, Certificado Dixital ou Cl@ve (este último non está dispoñible en todolos trámites)
Se non dispón de ningunha, pode consultar como darse de alta nas seguintes ligazóns:
Chave365 é un sistema de usuario e contrasinal que permite ás persoas maiores de idade, ou menores emancipadas, identificarse e asinar documentos en múltiples organismos da comunidade autónoma galega. Chave365 ten como obxectivo facilitar o acceso electrónico, evitando dificultades técnicas, á sede electrónica da Xunta de Galicia, eSaúde, Notifica.gal, sede electrónica do Parlamento de Galicia e moitos máis.
Ten máis información na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/chave365/que-eCl@ve é un sistema orientado a unificar e simplificar o acceso electrónico da cidadanía aos servizos públicos e a Administración mediante claves concertadas (usuario máis contrasinal). Ten dúas modalidades, Cl@ve Pin e Cl@ve Permanente. Lembre que se quere firmar os seus trámites precisa utilizar sempre Cl@ve Permanente.
Ten máis información na seguinte ligazón:
https://clave.gob.es/clave_Home/clave.htmlTamén pode identificarse e asinar documentos empregando o seu DNI electrónico (DNIe), ou mediante un certificado dixital (p.e. o certificado da FNMT).
Ten máis información sobre o DNIe na seguinte ligazón:
https://www.dnielectronico.es/PortalDNIeUn exemplo de certificado dixital é o que pode atopar nesta ligazón:
https://www.sede.fnmt.gob.es/certificados/persona-fisica